Thursday 02 de May de 2024

O Concello lanza o programa ‘Cariño Cóidate’, con tres xornadas informativas sobre autocuidados e hábitos saudables


• Levarán a cabo na planta baixa do antigo concello e o aforo será limitado.

• Están organizadas polo departamento de Educación Familiar e non é necesaria a inscrición previa.

O Concello de Cariño, a través do departamento de Educación, acaba de lanzar o programa ‘Cariño Cóidate’, que inclúe tres xornadas informativas dirixidas aos veciños e veciñas do municipio nas que se tratarán diferentes temas relacionados con autocuidados e hábitos saudables.

Realizaranse entre os meses de outubro e novembro na planta baixa do antigo concello, de 18 a 19 horas e co seguinte calendario: o 27 de outubro iniciarase o programa cunha xornada na que se falará sobre a prevención da conduta suicida, xa o 11 de novembro será a quenda para profundar na alimentación saudable e, por último, o 24 de novembro abordaranse os bos tratos nas relacións.

O aforo para estas xornadas será limitado, con cumprimento da normativa COVID en vigor nese momento e non é necesaria a inscrición previa. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 981 405 064 ou no correo electrónico educacionfamiliar@concellodecarino.gal.